¡OFERTA NUEVA APERTURA! Del 1 de agosto al 30 de septiembre 25% descuento

O Forno de Catuxa

ChArmINg COTtaGE iN LugO History, authenticity, eternity

22/09/2024

11:30

Carballeira de O Forno de Catuxa

20 €

25 pax.

Baños de Bosque Mindfulness

Baño de Bosque Mindfulness

Bo día, adxuntamos o cartel dunha actividade que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de setembro, na carballeira de O Forno de Catuxa, de 11.30 a 13.30 horas.

Teremos con nós a Edgar Tarrés, un dos grandes expertos internacionais en Mindfulness. É profesor de benestar e ledicia na

Universidad de Girona e será o encargado de dirixir a actividade.

As inscricións están abertas ata completar un aforo de 25 persoas.

O custo é de 20 euros, coa opción de pagar por Bizum no 639 818 397 ou de facer o ingreso na conta ES1330700029316398536026. Os xustificantes pódense mandar a ofornodecatuxa@gmail.com ou ao

627 400 791.

Recordamos aos participantes que deben levar roupa cómoda en función do tempo que faga, así como algo para sentarse (esterilla ou toalla), un antifaz e unha libreta.

A actividade reforza a filosofía de O Forno de Catuxa, que aposta polo turismo sostible e intenta fomentar a conexión coa natureza.

O punto de encontro será no aparcamento da nosa casa rural, podedes empregar estas coordenadas: 42°56’60.0″N 7°35’39.5″W

Un saúdo

OtroS EveNtoS